Información
Curso 2021-2022

Benvidos á sección de información do presente curso 2021-2022! Antes de nada, queremos agradecer a todas as familias a confianza depositada un ano máis no noso colexio, sobre todo nos tempos atípicos que estamos a vivir.

Este ano, o lema do Instituto Calasancias é «A vida nas túas mans, coídaa!», e queremos facer fincapé nel. Pese ás dificultades que estamos a vivir pola crise sociosanitaria, todos sairemos máis fortes e unidos ca nunca.

Nesta sección poderedes atopar información relativa ao horario escolar, calendario escolar, horario de atención a familias, entrevistas persoais cos titores, actividades extraescolares, servizos complementarios, actividades de pastoral e sobre os protocolos do covid-19. 

SECCIÓN COVID

  • O colexio dispón da sinalítica correspondente para o cumprimento das medidas hixénico- sanitarias que nos lembran as normas básicas a seguir para a protección de todos, así como a delimitación dos espazos e desprazamentos dentro do centro.

 

  • O alumnado ten que acceder só dende o portalón gris. Unicamente o alumnado de EI pode acceder ao centro acompañado dun adulto.

 

  • Os alumnos e as familias non poden permanecer dentro do recinto escolar durante as entradas e saídas nin antes e despois das mesmas.
  • Uso obrigatorio de máscara dende os 6 anos e recomendable na etapa de Educación Infantil.
 
  • Mantemento dunha distancia mínima de seguridade de 1,5 m. interpersoal.
 
  • Realización dunha hixiene frecuente de mans. Evitarase tocar ollos, nariz e boca.
 
  • Nas aulas promoverase a adquisición de medidas de prevención e hixiene así como de promoción da saúde mediante o traballo de contidos específicos adaptados a cada etapa educativa.
 
  • Realización dunha ventilación frecuente dos diferentes espazo do centro.
  • Para a detección precoz nos alumnos cada día, antes de acudir ao centro, a familia deberá realizar unha autoavaliación de síntomas compatibles coa COVID-19 segundo as instrucións ditadas pola consellería.
 
  • Os alumnos non poderán compartir material: xoguetes, balóns… Polo tanto non poderán traelos ao centro.
 
  • É moi importante que todo o material individual, incluida a máscara do alumno, veña debidamente identificado co seu nome.
 
  • Os alumnos deben traer unha máscara de reposto co seu estoxo específico e sería recomendable que dispuxeran dun xel hidro alcohólico, panos desbotables e un pano para uso persoal (Kit COVID).

CALENDARIO ESCOLAR

  • Vacacións de Nadal: do 22 de decembro de 2021 ao 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
  • Festas do Entroido: 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2022.
  • Vacacións de Semana Santa: do 11 ao 18 de abril de 2022, ambos inclusive.
  • Vacacións de verán: 22 de xuño de 2022.
  • Por conveniencia pedagóxica: Pendente de confirmación pola Consellería de Educación
  • Día do Ensino: 11 de outubro de 2021.
  • Festas propias da localidade.
  • Día Universal da Infancia: 20 de novembro de 2021
  • Día Internacional contra a Violencia de Xénero: 25 de novembro de 2021
  • Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia: do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2021
  • Día Internacional das Persoas con Discapacidade: 3 de decembro de 2021
  • Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: 10 de decembro de 2021
  • Día Internacional da Educación: 24 de xaneiro de 2022
  • Día escolar da non violencia e da Paz: 30 de xaneiro de 2022
  • Día de Rosalía de Castro: 24 de febreiro de 2022
  • Día do PADRE FAUSTINO e Día Internacional da Muller Traballadora: 8 de marzo de 2022
  • Día Mundial dos dereitos do Consumidor: 15 de marzo de 2022
  • Semana da prensa: do 7 ao 11 de marzo de 2022
  • Día Mundial da Saúde: 7 de abril de 2022
  • Semana do Libro: entre o 18 e o 22 de abril de 2022
  • Día Internacional contra o Acoso Escolar: 2 de maio de 2022
  • Día de Europa: 9 de maio de 2022
  • Semana da Letras Galegas: do 16 ao 20 de maio de 2022
  • Día Mundial do Ambiente: 5 de xuño de 2022

Horario de atención a familias

A atención a familias realizarase, preferentemente, de maneira telemática e, de ser o caso, mediante chamada telefónica.

Porén cando sexa imprescindible a atención persoal no centro farase coas debidas medidas de protección.

RECEPCIÓN

De Luns a Xoves: 8:00 a 19:00h.
Venres: 8:00 a 17:45h.

DIRECCIÓN TITULAR

Mércores: 13:00 a 14:00h.

DIRECCIÓN PEDAGÓXICA

Martes: 16:00 a 17:00h.

XEFATURA DE ESTUDOS

Luns: 16:00 a 17:00h.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESO: Mércores de 16:00 a 17:00
EP: Mércores de 13:00 a 14:00

SECRETARÍA E ADMINISTRACIÓN

Luns e Mércores: 9:30 a 13:00
Martes e Xoves: 16:00 a 18:00

ENTREVISTAS PERSOAIS COS TITORES

As titorías con familias realizaranse, preferentemente, de maneira telemática mediante a aplicación Teams a través da Plataforma EDUCAMOS e, de ser o caso, mediante chamada telefónica. 

Porén a xuízo do titor/a e, previa autorización da dirección do centro, poderase realizar (de maneira moi excepcional) a titoría presencial coas debidas medidas de protección.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A oferta de extraescolares do colexio busca a coherencia co proxecto educativo do centro. Como centro plurilingüe a colaboración con Schoolhouse e un complemento perfecto que facilitará aos nosos alumnos a posibiliade de certificación nos diferentes  niveis regulados no marco común europeo de referencia. 

A oferta  en extraescolares complétase coas diferentes actividades artísticas e/ou deportivas necesarias para un desenvolvemento integral dos nosos alumnos. 

ENGLISH SCHOOLHOUSE (EI,EP,ESO)

E. INFANTIL (4 e 5 anos):
E. INFANTIL (3 anos) :
E. PRIMARIA:
ESO:

FÚTBOL SALA (EP)

Martes e Xoves: .

ROBÓTICA - EP

XADREZ

BALONCESTO

Baloncesto:

ESTUDIO ESO

Luns, Mércores, Xoves e Venres:
15:30 a 17:15h.

Unha vez finalizado o horario lectivo de clases, aqueles alumnos/as que non asistan ás Actividades Extraescolares, non deben permanecer no recinto escolar.

ACTIVIDADES DE PASTORAL

No noso colexio cremos que unha boa formación cristiá contribúe a unha educación integral. Tentamos transmitir aos alumnos/as valores evanxélicos a través da educación en valores, das reunións e actividades do grupo xuvenil Movemento Calasancio, das celebracións e expresións de Fe, das campañas de solidariedade e dos programas de acción titorial.

EXPRESIÓNS DE FE

  • ORACIÓN  DA MAÑÁ
  • ORATORIO DE NENOS
  • CONFESIÓN
  • EUCARISTÍAS:
  1. Comezo de Curso
  2. San Xosé de Calasanz
  3. Nadal
  4. Padre Faustino Míguez
  5. Divina Pastora
  6. Final de curso

CELEBRACIÓNS

  • San Xosé de Calasanz.
  • Semana do mestre: do 25 ao 29 de novembro de 2020.
  • Semana de Madre Victoria Valverde.
  • Día da Paz- 30 de xaneiro de 2021.
  • San Faustino Míguez: 8 de marzo de 2021.
  • Mes de María. Divina Pastora. Maio de 2021.
  • Tempos litúrxicos.: Advento/Nadal e Coresma/Semana Santa.

CAMPAÑAS SOLIDARIAS

  • Domund – 18 de outubro de 2020.
  • Nadal: Recollida de alimentos – Operación Quilo – BANCO DE ALIMENTOS.
  • Nadal: Recollida de xoguetes.
  • Recollida de roupa e calzado usados.
  • Maio: Recollida de leite – AYUVI.
  • MISIÓNS CALASANCIAS.
    Bolsas de escolarización e comedor. Bocata e merenda solidaria.

MOVEMENTO CALASANCIO

  • Reunións de grupo
  • Marchas
  • Convivencias intercolexiais
  • Campamento de verán
  • Camiño de Santiago
  • VOLUNTARIADO ALEVÍN

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

AULA MATINAL

O colexio oferta o servizo de aula matinal coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar das nosas familias.  Os alumnos poderán vir o colexio dende as  7:30 ata o inicio da actividade escolar. A empresa de extraescolares será a encargada de xestionar este servizo propoñendo diferentes actividades.

COMEDOR

Somos conscientes de que o comedor escolar desenvolve una función educativa moi importante. Debe servir para fomentar unha dieta variada e equilibrada, así como para promover a diversidade gastronómica. A idade escolar é un periodo no que non só se debe proporcionar un aporte adecuado de enerxía e nutrientes para garantir un bo estado nutricional, senón que é unha etapa decisiva para instaurar uns hábitos e comportamentos alimentarios saudables que perduren no tempo e se manteñan na idade adulta.

O colexio dispón de cociña propia onde elaboramos a comida todos os días e as familias teñen dispoñible o menú diario na web do centro www.calasancias-vigo.org. O colexio pode adaptar o seu menú ás necesidades dos alumnos que, por calquera circunstancia, teñan necesidades específicas nesta materia. 

TRANSPORTE ESCOLAR

Ofértase ruta de transporte escolar de mañá e tarde dende Travesía de Vigo ata o alto da encarnación (Chapela) pasando tamén polo centro da cidade (rúa Rosalía de Castro )
Aquelas familias que usen o servicio de transporte e comedor poderán ser beneficiarias dun precio especial. Para máis información consultar na secretaría do centro.

PLATAFORMA DIXITAL DE COMUNICACIÓN A FAMILIAS
EDUCAMOS

Para unha boa comunicación familia-escola o colexio pon a disposición das familias a plataforma EDUCAMOS. Grazas a esta plataforma as familias poderán ter unha comunicación directa co titor/titora dos alumnos en todo o referente ao seu seguimento académico e ademais disporán da información actualizada das comunicacións xerais do colexio.

Educamos facilita tamén o uso das ferramentas necesarias para teleconferencias ou comunicación por correo electrónico nun entorno seguro.